WHITAKER, R.: Anatomía de una epidemia. Medicamentos psiquiátricos y el asombroso aumento de las enfermedades mentales. Capitán Swing, 2015.

Cando o galardoado xornalista científico Robert Whitaker decatouse de que entre 1987 e 2007 o número de pacientes con discapacidade por enfermidade mental case se triplicara, en paralelo a un espectacular aumento na produción de fármacos psiquiátricos, comezou a reflexionar.

Parece como se estes psicofármacos fosen “balas máxicas” que deixan fóra de xogo á enfermidade mental, regresando aos pacientes ás filas da cidadanía produtiva. Pero numerosos estudos clínicos publicados hai máis de 50 anos en prestixiosas revistas científicas, revelaban unha anomalía sorprendente: en repetidas ocasións, as drogas psiquiátricas empeoran a enfermidade mental e disparan os riscos de dano hepático, de aumento de peso, de colesterol ou de azucre no sangue. Realmente non se sabe que causa a enfermidade mental, non hai cura ou tratamento paliativo que se atope nesas pílulas. As conclusións de Whitaker, tras examinar estes medicamentos a través do prisma dos resultados a longo prazo, expoñen o brutal engano dunha industria que move miles de millóns de euros.