De SHAZER, S., DOLAN, Y, KORMAN, H, KIM BERG, I, TREPPER, T. e McCOLUM, E.: More than miracles: The state of the art of solution-focused brief therapy. Routledge, 2005

O psiquiatra sueco Harry Korman é coautor xunto con Steve De Shazer,Insoo Kim Beng e outros deste libro sobre a terapia breve centrada en solucións.

Trátase dun libro intelectualmente provocativo coa revelación de novos avances na terapia breve centrada en solucións de terapeutas de familia de sona mundial como son Steve De Shazer e Insoo Kim Berg (quen faleceu pouco antes da publicación do libro).

O libro está escrito a partir da observación de miles de horas de sesións de psicoterapia e o estudo das preguntas e respostas máis eficaces que axudan a que a xente desenvolva solucións aos seus problemas.

 

KORMAN, H. and SÖDERQUIST, M.: Talk about a miracle! Co-operating with addicts and their networks, 1994

Esta publicación aborda o traballo colaborativo dende a Terapia Centrada en Solucións con persoas drogodependentes. Facilitamos a continuación o enlace  para a súa lectura (en inglés).