JEAN-JACQUES WITTEZAELE y TERESA GARCÍA: La Escuela de Palo Alto. Historia y evolución de las ideas esenciales. Ed. Herder, 1997

A escola de Palo Alto -un nome de resonancia hispánica- é famosa en todo o mundo. As súas achegas á investigación psicolóxica interesan a unha variada gama de profesionais: o especialista en comunicación atopa suxerentes orientacións nos traballos innovadores de Gregory Bateson, sistematizados e prolongados por Paul Watzlawick; o filósofo das ciencias inspírase no novo paradigma científico baseado na noción de información e nos conceptos xurdidos da cibernética; o terapeuta dáse conta de que case todas as correntes novas de terapia familiar e sistémica teñen as súas orixes, mais ou menos próximas, no traballo dos fundadores do Centro de terapia breve.
Pódese afirmar que as ideas renovadoras elaboradas en Palo Alto desbordaron o marco estrito da súa orixe e propagáronse entre todos aqueles que, científica o profesionalmente, teñen que ver coa comunicación humana.
É de sumo interese, por tanto, coñecer a historia e a evolución das ideas esenciais da escola de Palo Alto. É o que nos ofrecen JEAN-JACQUES WITTEZAELE e TERESA GARCÍA, autores deste libro nunha síntese clara de todas as vertentes que influíron no nacemento e desenvolvemento de tan prestixiosa escola.