A Asociación de Terapia Familiar de Galicia organiza para o día 26 de novembro o seminario «Entre a multitude... pero diferente». Será impartido polo profesor e catedrático Emilio Gutiérrez, Director da Unidade Venres Clínicos da Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela.

  • Lugar: Auditorio do Centro Social de Padrón sito no Campo do Souto 2 (Padrón). Conta con aparcamento propio.
  • Hora: De 9.30 a 13.30 h (Acreditaranse 4 h de formación)
  • Tríptico do seminario "Entre a multitude... pero diferente".

A Federación Española de Asociaciones de Terapia Familiar organiza, xunto coa Asociación Vasco-Navarra de Terapia Familiar, o XXXII Congreso Nacional de Terapia Familiar "Adolescencia y Terapia Familiar".

  • Lugar: Bilbao
  • Datas: Do 27 ao 29 de outubro de 2011

O PROGRAMA DE ATENCIÓN A FAMILIAS convoca a todos/as os/as terapeutas a unha reunión de coordinación e de formación sobre como se deben elaborar os informes para o día 21 de maio de 2011.

  • Lugar: Local da ATFMG en Picaraña - Padrón
  • Hora: De 9.30 a 14.30 h (Acreditaranse 5 h de formación)

A Asociación de Terapia Familiar e Mediación de Galicia (ATFMG) organiza os VI Encontros Galegos de Terapia Familiar co título Cambiando cara o futuro: Familias e Fillos, que terán lugar no Pazo da Cultura de Pontevedra o día 4 de xuño de 2011.

Nestes VI Encontros Galegos de Terapia Familiar presentaranse ferramentas, técnicas e procedementos, dende diferentes contextos de intervención, eficaces para o aprofeitamento dos propios recursos das familias a fin de afrontar os conflitos que poidan xurdir cos seus fillos durante a infancia e a adolescencia.

  • Lugar: Auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra. Alexandre Bóveda s/n (Conta con aparcamento propio)

  • Hora: De 9.30 a 14.00 h e de 16.00 a 20.00 h (Acreditaranse 8 h de formación)

  • Tríptico:VI Encontros de Terapia Familiar: Cambiando cara o futuro: familias e fillos

 

 

PIE DE FOTO: Momento da inauguración dos VI Encontros Galegos de Terapia Familiar "Cambiando cara o futuro" por Dª  Carmen Bianchi Valcarce, Xefa Territorial da Consellería de Traballo e Benestar en Vigo xunto co Presidente da Asociación D. Antonio Olives Alonso.

A Asociación de Terapia Familiar de Galicia organiza para o día 12 de marzo o seminario «Os outros» que tratará sobre o traballo con persoas diagnosticadas de esquizofrenia. Será impartido por Carlos Álvarez e Paula Espiñeira.

  • Lugar: Local da ATFMG en Picañara - Padrón
  • Hora: De 10.00 a 14.30 h (Acreditaranse 4,5 h de formación)
  • Tríptico: Descarga aquí o tríptico do Seminario.