A ATFM de Galicia organiza para o sábado 9 de maio a Xornada: "Do Amor, do Odio e doutras historias: Traballando con parellas e exparellas". Unha integración desde a Terapia Narrativae a Terapia Sistémica Breve.

O relator é o psicólogo e terapeuta familiar Chema Rodríguez de Castro, profesor asociado en Traballo Social na Universidade de Illes Balears.

  • Lugar: Sala de Conferencias do Colexio La Salle en Santiago de Compostela. Praza de San Xoán Bautista de La Salle, 1
  • Horario: De 10.00 a 14.00 h e de 16.00 a 20.00 h (acreditaranse 8 horas de formación)
  • Prezo: Asociados, alumnos-socios, esudantes universitarios/as e desempregados 30 €. Resto: 60 €.
  • Descarga a ficha de inscrición desde aquí

PROGRAMA

  • A metáfora narrativa. O que contan as persoas sobre si mesmas e as súas relacións.
  • Construíndo problemas e solucións. Conversacións para externalizar problemas e internalizar recursos en parellas.
  • Ideas, estratexias e técnicas para traballar con parellas.
  • Mediación terapéutica en exparellas en conflito?
  • Sexualidade e terapia. Novas posibilidades.

A Asemblea Xeral Ordinaria de socios/as terá lugar o vindeiro día 7 de febreiro no local da Asociación en Picaraña, Padrón, ás 13:00 h en primeira convocatoria e ás 13:30 horas en segunda convocatoria co seguinte orde do día:

  • Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior.
  • Informe do presidente.
  • Presentación das contas do exercicio 2014 e aprobación, se procede, do orzamento da ATFM para 2015.
  • Informe da secretaria.
  • Propostas e suxestións.

O XXXV Congreso nacional de Terapia Familiar celebrarase en Sevilla os días 30 e 31 de outubro e 1 de novembro de 2014.

Estará dedicado ás TÉCNICAS ACTIVAS EN TERAPIA FAMILIAR, recursos de relevancia no noso exercicio profesional e nos que se pon en xogo a linguaxe do corpo e/ou elementos metafóricos, plásticos ou creativos.

Pódense presentar propostas de comunicacións, obradoiros e posters mediante a web do Congreso ata o día 10 de setembro. 

Asemade, o venres 31 pola tarde terá lugar a Asemblea Xeral de Socios/as da FEATF da que recibiredes convocatoria.

Para máis información visita a web do Congreso aquí.

A Asociación de Terapia Familiar e Mediación de Galicia organiza para o día 7 de febreiro de 2015 o Obradoiro "Intervención Psicolóxica en Emerxencias e Terapia Sistémica"  que tratará sobre o traballo dos psicólogos e psicólogas especializados na atención psicolóxica en situacións de emerxencia e catástrofes.

A  psicóloga e terapeuta familiar Ana Isabel Martínez Arranz é a Coordinadora do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE) do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia. Con ela,  abordaremos os aspectos técnicos que servirán para situarnos no marco de actuación neste tipo de intervención e o papel que desempeñan os psicólogos nelas. Asemade, traballarase en grupo sobre casos reais e a exposición posterior servirá para clarificar as partes da intervención e as dúbidas xurdidas.

  • Lugar: Local da ATFM en Picaraña - Padrón
  • Horario: De 9:30 a 13:30 h (Acreditaranse 4 h de formación)
  • Prezo: 10€ para socios/as, desempregados e estudantes universitarios. Non socios/as: 25€.
  • Aforo limitado a 50 persoas que se cubrirá en rigurosa orde de inscrición.
  • Descarga a ficha de inscrición desde aquí.

OBXECTIVOS

  • Coñecer o marco e os principios de actuación que rexen a intervención psicolóxica en situacións críticas.
  • Abordar o papel, as funcións e tarefas que ten o psicólogo/a neste ámbito de actuación.
  • Adquirir habilidades básicas para a intervención nestas situacións.
  • Reflexionar sobre as achegas da terapia familiar á intervención como psicólogos/as de emerxencias.

PROGRAMA

  • Intervención psicolóxica en emerxencias: obxectivos, funcións, situacións de intervención, principios de actuación, papel do psicólogo/a, a visión desde a sistémica.
  • Primeiros Auxilios Psicolóxicos.
  • Resolución de casos prácticos.

A Asociación de Terapia Familiar de Galicia organiza para o sábado 4 de outubro unha Xornada sobre o TDAH: Invención, moda ou realidade?

Entre todas as categorías recollidas nos manuais diagnósticos relativos á saúde mental, o TDAH atópase entre os que máis polémica xerou, encontrando discursos opostos no relativo á idoneidade do diagnóstico, na súa etioloxía e no seu tratamento. Desde os que consideran que é unha mera etiqueta que describe comportamentos normais na infancia, ata os que afirman que se trata dun trastorno do neurodesenvolvemento con consecuecias incapacitantes. Desde os que afirman que a medicación é, en moitos casos, imprescindible ata os que opinan que supón un tratamento de dubidosa efectividade. Desde os que opinan que o TDAH se está a sobrediagnosticar, ata os que pensan que está infratratado.

Desde a ATFM de Galicia consideramos que tendo presente este panorama, sería moi interesante aparcar/abandonar os nosos prexuízos e escoitar os argumentos de expertos con opinións encontradas para poder aproximarnos ao debate dun xeito crítico e reformular a nosa postura sobre o TDAH desde unha base sólida.

Para favorecer o debate contaremos coa presenza deMarino Pérez Álvarez, catedrático de Psicoloxía da Universidade de Oviedo e coautor de "Volviendo a la normalidad. La invención del TDAH y del trastorno bipolar infantil" e de José Luis Fernández Sastre, psiquiatra consultor de TDAH e terapeuta familiar. Dado que este tema xenera moita polémica, ao remate de ámbalas dúas conferencias, abrirase a mesa de debate entre os ponentes e o público asistente á Xornada que queira participar.

  • Destinatarios/as: Terapeutas familiares, psicólogos/as, psiquiatras, profesores/as, mestres, orientadores/as...
  • Lugar: Centro Cultural Afundación, Rúa do Vilar 19  -  Santiago de Compostela
  • Horario: De 10.00 a 14.00 h (acreditaranse 4 horas de formación)
  • Prezo: 20 € socios/as, estudantes universitarios/as e desempregados/as. Resto: 40 €.
  • Aforo limitado a 100 persoas que se cubrirá en rigurosa orde de inscrición.
  • Descarga a ficha de inscrición desde aquí.
PROGRAMA
  • "TDAH: Etiqueta clínica para problemas normais" por Marino Pérez Álvarez.
  • "Hai que medicar aos nómades para que se asenten nun territorio?" por José Luis Fernández Sastre.
  • Mesa de debate entre Marino Pérez, José Luis Fernández e o público asistente.