A ATFM de Galicia organiza para o sábado 14 de maio de 2016 a xornada "Repensando a Psiquiatría: historia, ciencia e os efectos a longo prazo da medicación psiquiátrica" co xornalista e investigador norteamericano Robert Whitaker na Facultade de Psicoloxía en Santiago de Compostela.

Robert Whitaker lidera no seu país o movemento crítico contra a psiquiatría biomédica. Cuestiona en particular a expansión das enfermidades mentais e o papel que desempeñou a prescrición desaforada de psicofármacos promovida desde a psiquiatría oficial académica. 

Recibiu diversos premios e recoñecementos na súa carreira profesional polo seu labor como xornalista sobre temas médicos relacionados cos trastornos mentais e a industria farmacéutica, entre eles, finalista do premio Pulitzer en 1998 por unha serie de artigos que co-escribiu para o Boston Globe sobre os abusos da experimentación en pacientes psiquiátricos. A súa obra Anatomy of an Epidemic foi declarada pola Investigative Reporters and Editors norteamericana como o mellor traballo de xornalismo de investigación de 2010. Acaba de ser publicada en España como "Anatomía de una Epidemia. Medicamentos psiquiátricos y el asombroso aumento de las enfermedades mentales".

O seu traballo tivo eco a nivel internacional e requíreselle en moitas partes do globo para que realice conferencias explicando os seus descubrimentos. A comunidade de pacientes psiquiátricos recibiu os seus traballos con gran entusiasmo e ansiado alivio.

Robert Whitaker é o responsable da web www.madinamerica.com onde recolle textos moi interesantes sobre estes asuntos (en inglés).

  • Lugar: Facultade de Psicoloxía no Campus Vida en Santiago de Compostela.
  • Horario: De 10:00 a 14:00 h e de 16:00 a 20:00 h.
  • Prezo: Asociados, alumnos-socios, estudantes universitarios/as e desempregados 40 €. Resto: 80 €.
  • Podes facer a inscrición enviándonos un correo electrónico a This email address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it.
  • Descarga o tríptico e ficha de inscrición aquí.

Certificaranse 8 horas de formación, válidas para a reacreditación do título de Terapeuta Familiar e dos diferentes niveis de docencia.

Attachments:
FileDescriptionFile size
Download this file (2016-05-14_cartel.pdf)CartazCartaz en Galego0 kB
Download this file (2016-05-14_triptico.pdf)TrípticoTríptico en Galego0 kB

A Asemblea Xeral Ordinaria de socios/as terá lugar o vindeiro día 20 de febreiro ás 19.00 h en primeira convocatoria e ás 19.30 horas en segunda convocatoria coa seguinte orde do día:

1º Lectura e aprobación, se procede, das actas anteriores.

2º Informe do presidente.

3º Presentación e aprobación, se procede, das contas do exercicio 2015 e estudo e aprobación, se procede, do orzamento para 2016.

4º Informe da secretaria.

5º Propostas e suxestións.

 O lugar de celebración da Asemblea será o Salón de Actos da Facultade de Psicoloxía de Santiago de Compostela.

A Asociación Extremeña de Terapia Familiar Sistémica – AETFS– xunto coa Federación Española de Asociaciones de Terapia Familiar – FEATF – e a Sociedade Portuguesa de Terapia Familiar – SPTF –  organizan o III Congreso Ibérico de Terapia Familiar "Familias en crisis, terapeutas en cambio" que terá lugar do 29 ao 31 de outubro en Cáceres.

  • Lugar: Institución Cultural El Brocense Ronda de San Francisco s/n 10002 Cáceres
  • Datas: 29, 30 e 31 de outubro de 2015.
  • Prezos reducidos ata o 30 de setembro.
  • Máis información nesta web.

A Asociación de Terapia Familiar e Mediación de Galicia (ATFMG) organiza os IX Encontros Galegos de Terapia Familiar que terán lugar o sábado 20 de febreiro de 2016 e que se centrarán nas violencias desde a perspectiva da Terapia Familiar.

Nestes IX Encontros Galegos de Terapia Familiar terán cabida relatores/as convidados pola Asociación. Asemade, poderanse presentar comunicacións libres, dentro do ámbito da terapia familiar e a mediación.

  • Lugar: Salón de Actos da Facultade de Psicoloxía 
  • Enderezo: Rúa Xosé Mª Suárez Núñez s/n. Campus Vida    15782 Santiago de Compostela
  • Hora: De 9:30 a 14:00 h e de 16:00 a 19:30 h (Acreditaranse 8 h de formación)

Estes IX Encontros serán de balde para os asociados e as asociadas da ATFM de Galicia, tal e como se acordara no anterior Encontro. Tamén serán de balde para os membros das asociacións federadas de Terapia Familiar.

Non socios/as: 60 €

Estudantes universitarios e desempregados/as: 40 €

Tríptico dos IX Encontros Galegos de Terapia Familiar: descárgao aquí.

PROGRAMA:

  • "Terapia familiar nos Centros de Información ás Mulleres: da asistencia á terapia" a cargo de Liliana Barral Caneda, Beatriz Monroy Cardoso e José Manuel Valdivia Moreno.
  • ​"Aproximación ao traballo con maltratadores: Buscando diferenzas ou regularidades?" por Manuel Lopo Lago.
  • "Loitando polo poder" a cargo de Fernando de la Cueva López-Chaves.
  • Presentación de comunicacións libres.

A ATFM de Galicia organiza para o venres 25 e o sábado 26 de setembro de 2015 o Seminario: "Pirateo Neuro Lóxico: As botas de 7 leguas para unha psicoterapia eficaz", que ten como obxectivo recuperar a esencia auténtica da Neuro Lingüística.

Os creadores da PNL, Bandler e Grinder, desenvolveron ideas revolucionarias que nos permiten acelerar os procesos terapéuticos se esas ideas se achan en boas mans. 

O psicólogo e psicoterapeuta Víctor Amat, docente en Neuro Lingüística con máis de dúas décadas de experiencia, será o encargado de impartir este interesante Seminario sobre PNL, onde poderás descubrir como mellorar a túa vida persoal e profesional.

  • Lugar: Facultade de Psicoloxía no Campus Vida en Santiago de Compostela.

  • Horario: Venres de 16:00 a 20:00 h e sábado de 10:00 a 14:00 h e de 16:00 a 20:00 h.

  • Prezo: Asociados, alumnos-socios, esudantes universitarios/as e desempregados 50 €. Resto: 90 €.

  • Descarga a ficha de inscrición desde aquí e o seu cartaz.

Certificaranse 12 horas de formación, válidas para a reacreditación do título de Terapeuta Familiar e dos diferentes niveis de docencia.

PROGRAMA

1. Que hai que ter na cabeza para que isto funcione? Epistemoloxía da PNL.
2. Como porras funcionamos? Creación e utilización do modelo subxectivo do mundo do interlocutor.
3. Quen leva o autobús? Neuroloxía e procesos de cambio.
4. Todo isto é para foder? A intención positiva como panca relacional.
5. Que cambie o outro! Resolución creativa de conflitos.
6. Turbo psicanálise: Modelo de Reimprinting para cambios de crenzas.