XI Encontros Galegos de Terapia Familiar

A Asociación de Terapia Familiar e Mediación de Galicia organiza os XI Encontros Galegos de Terapia Familiar que terán lugar o sábado 27 de novembro de 2021 no Salón de Actos da Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela.

Despois de dous anos sen vernos presencialmente sentimos a necesidade de reencontrarnos, de escoitarnos e de saber como nos vai e de aí a nosa aposta por arrancar con esta primeira actividade presencial despois de tanto tempo.

Apetécenos reencontrarnos con todas aquelas persoas que xa sodes habituais e saber de vós, e tamén coñecer a aquelas persoas que se asociaron recentemente e saber dos seus intereses, da súa actividade e do que lle podemos achegar. Por suposto, tamén será un bo momento para quen se atope no proceso de formación nunha escola ou para aquelas persoas alleas á Asociación que teñan interese polos enfoques de Terapia Familiar.

Ademais de reencontrarnos, gustaríanos escoitarvos e coñecer o que estades facendo, polo que abrimos un espazo de comunicacións, no que poderás contarnos o teu proxecto, investigación, reflexión... Envíanos a túa proposta indicando título, resumo e duración aproximada antes do 15 de novembro a Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo..

Por mor da situación que estamos a vivir, e dado que a capacidade do Salón de Actos está limitada a 120 persoas por razóns de seguridade, vémonos obrigados/as a cobrar unha cantidade simbólica de 5 euros aos/ás asociados/as que estean ao corrente de pago e tamén para os membros das asociacións federadas de Terapia Familiar. Para inscribirte, envía un correo electrónico coa ficha de inscrición e o xustificante de pago. 

Asemade, nestes XI Encontros celebraremos tamén o 30 aniversario da Asociación de Terapia Familiar e Mediación de Galicia.

  • Lugar: Salón de Actos da Facultade de Psicoloxía 
  • Enderezo: Rúa Xosé Mª Suárez Núñez s/n. Campus Vida    15782 Santiago de Compostela
  • Horario: De 10:00 a 14:00 h e de 16:00 a 20:30 h (Acreditaranse 8,5 h de formación)
  • Prezos:
    • Asociados/as da ATFM, FEATF e SPTF 5€
    • Estudantes universitarios/as, máster e desempregados/as: 5 €
    • Colexiados/as do COPG e do COTSG: 10 €
    • Non socios/as: 20 €  
  • Prazo: Podes inscribirte ata o 20 de novembro. Unha vez rematado o prazo de inscrición, non se devolverá o importe da inscrición.

PROGRAMA:

  • 10:00 "Encontros, desencontros e reencontros" por Ana Mª Sieiro Moral
  • 11:00 "Cara ao contexto, e máis aló!" por Olaia Carrera Guermeur
  • 12:00 Descanso
  • 12:30 "Erros, dúbidas e inseguridades en Psicoterapia" por Cristina Veira Ramos.
  • 16:00 "O dó desde unha ollada caleidoscópica" por Pilar Rey Suárez.
  • 17:00 Comunicación "Valoración da ansiedade en idades temperás en TEA: Repercusión en problemas de conduta" por Silvia Gómez Ríos.
  • 17:30 Descanso
  • 18:00 Mesa redonda: "Reflexións" con Pepe Rodríguez-Arias, Emilio Gutiérrez, Gonzalo Martínez e Carlos Álvarez.

Certificaranse 8,5 horas de formación válidas para a reacreditación como terapeuta familiar e categorias docentes.

Attachments:
FileDescriptionFile size
Download this file (2021-11-27_XI Encontros_ES_editable.pdf)2021-11-27_XI Encontros_ES_editable.pdfInscripción en Castellano674 kB
Download this file (2021-11-27_XI Encontros_GZ_editable.pdf)2021-11-27_XI Encontros_GZ_editable.pdfInscrición en Galego337 kB