A ATFM de Galicia organiza para o sábado 16 de xaneiro de 2021 o seminario "Parella: Xuntos contra o mundo" coa doutora en psicoloxía Marga Herrero de Vega, a través da plataforma de vídeo conferencia Zoom.
Marga Herrero é terapeuta familiar e supervisora docente acreditada pola FEATF. Foi profesora na Universidad Pontificia de Salamanca na Facultade de Psicoloxía entre1999 e 2012.
Desde 2013, dirixe e exerce a práctica clínica no centro sanitario “Instituto de Psicoterapia” de Salamanca e colabora como formadora e supervisora en diferentes ONGs e centros educativos. Co-dirixe xunto con Mark Beyebach o programa de formación “Training Intensivo en Intervención Sistémica Breve”, que se realiza en Salamanca e Pamplona.
É autora, con Mark Beyebach, de “200 tareas en terapia breve individual, familiar y de pareja” (2010), “Como criar hijos tiranos” (2013) e “Intervención Escolar Centrada en Soluciones” (2018). Tamén dirixe, xunto a Mark Beyebach, a Alianza Española de Terapia Sistémica Breve (AETSB).
O seu último proxecto, xunto a Pilar Ortiz Vázquez, está centrado no deseño de materiais terapéuticos suxestivos e divertidos para promover recursos na terapia individual, familiar e de parella, tanto no traballo en sesión, como fóra de sesión. Este orixinal e innovador proxecto recibe o nome Purita Ilusión.
PRESENTACIÓN DO SEMINARIO
O seminario está pensado para que os e as participantes coñezan algunhas das claves na intervención de parellas a través de conceptos teóricos e de exercicios prácticos, para axudar a que as parellas potencien o seu coñecemento e coidado mutuo.
Os contidos que se abordarán son os seguintes:
- A quen citar?
- A Lúa de Mel
- Obxectivos comúns
- A burbulla das Parella
- Suxestións dentro e fóra da sesión
Os contidos da formación estarán enmarcados na Terapia Sistémica Breve Integrativa desenvolvida por Mark Beyebach e a propia Marga Herrero en Salamanca e engadirá algunhas formulacións teóricas e prácticos do modelo PACT (Aproximación Psicobiolóxica á Terapia de Parella).
- Plataforma Zoom
- Horario: De 10:00 a 13:00 horas
- Prezo: Asociados/as, alumnos/as-socios/as, estudantes universitarios/as e desempregados/as 10 €. Colexiados/as do COP de Galicia 15 €. Outros/as profesionais: 20 €.
- Prazo: Ata o 12 de xaneiro ou ata completar o aforo (85 prazas).
- Podes facer a inscrición enviándonos un correo electrónico a This email address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it.
- Ficha de inscrición editable en documento adxunto.
Certificaranse 3 horas de formación, válidas para a reacreditación do título de Terapeuta Familiar e dos diferentes niveis de docencia.