A ATFM de Galicia organiza para o sábado 7 de novembro de 2020 o seminario "Psiquiatría e postpsiquiatría en tempos de crise" co psiquiatra José García-Valdecasas, a través da plataforma de vídeo conferencia Zoom.
O doutor José García-Valdecasas está tamén graduado en Filosofía. Máster en Psicoterapia Integradora e en Psicanálise.
Desenvolve a súa actividade laboral no Servizo Canario de Saúde desde hai 22 anos. É titor MIR de Psiquiatría da Unidad Docente Multiprofesional de Salud Mental de Tenerife e colaborador docente da Universidad de la Laguna.
Coautor xunto a Amaia Vispe do blogue postPsiquiatría e do libro Postpsiquiatría Textos para prácticas y teorías postpsiquiatricas (2018) da editorial Grupo 5, Madrid.
Coautor de varios artigos publicados na Revista da Asociación Española de Neuropsiquiatría e na revista Norte de Salud Mental entre outras.
PRESENTACIÓN DO SEMINARIO
Levarase a cabo unha revisión e análise do concepto "Postpsiquiatría", esclarecendo de que psiquiatría se parte. Realizarase un breve esbozo histórico tanto da psiquiatría como da postpsiquiatría, para sinalar os que consideramos os seus puntos claves: posición postmoderna, crítica á medicalización e psiquiatrización da sociedade, crítica aos abusos da industria farmacéutica, dificultades científicas da psiquiatría á hora do diagnóstico e a clasificación, importancia das voces en primeira persoa e enfoque narrativo en psicoterapia, entre outros.
Tamén nos atreveremos a expor as repercusións sociais dunha disciplina e dispositivo como a psiquiatría actual, así como a ir máis aló na crítica e deternos nos aspectos sociais máis descoidados do noso modelo bio-psico-social, tan nomeado como pouco empregado, incluíndo aspectos económicos, políticos e climáticos.
Esperamos que todo isto resulte interesante para establecer daquela un debate enriquecedor.
- Plataforma Zoom
- Horario: De 10:00 a 13:00 horas
- Prezo: Asociados, alumnos-socios, estudantes universitarios/as e desempregados/as 10 €. Colexiados/as do COPG 15 €. Outros profesionais: 20 €.
- Prazo: Ata o 3 de novembro ou ata completar o aforo.
- Podes facer a inscrición enviándonos un correo electrónico a This email address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it.
- Ficha de inscrición editable en documento adxunto.
Certificaranse 3 horas de formación, válidas para a reacreditación do título de Terapeuta Familiar e dos diferentes niveis de docencia.