A DOBRE ESCOITA: CO-CREANDO HISTORIAS ALTERNATIVAS

A ATFM de Galicia organiza para o sábado 27 de abril de 2019 o seminario "A dobre escoita: Co-creando historias alternativas" na Facultade de Psicoloxía en Santiago de Compostela, co doutor en psicoloxía clínica Carlos Chimpén e a psicóloga e terapeuta familiar Rebeca Bastón.

As historias dan forma ás nosas vidas e impulsan ou impiden a realización de certos actos. Interpretamos o que nos sucede e dámoslle un significado unindo determinados feitos para darlle un sentido, elixindo varios sucesos e outros deixándoos fóra. Vivimos varias historias á vez e non podemos explicar a nosa vida só desde un punto de vista.

Desde as prácticas narrativas búscase enriquecer as historias e as identidades das persoas cun achegamento moi respectuoso, humano e non culpabilizante. Traballa co máis profundo do ser humano, con aquilo que lle move e é importante para el: os seus valores, os seus soños, os seus propósitos, etc., mediante o proceso de preguntar para narrar e re-narrar a historia ata que constitúen unha historia que proporciona unha identidade diferente á que o problema pretendía.

O obxectivo deste curso é coñecer e desenvolver destrezas nas conversacións terapéuticas que temos coas persoas que nos consultan, colaborando con elas na co-construción da súa historia preferida de vida, afastada da influencia do problema. Así mesmo, presentarase unha metodoloxía propia das Prácticas Narrativas Colectivas para poder traballar con grupos e comunidades.

Carlos Chimpén

 

Carlos Chimpén ten o máster en Terapia Narrativa e Traballo Comunitario pola Universidade de Melbourne e o Dulwich Centre (Australia). Director do Master de Terapia Narrativa e Traballo Comunitario da Universidade de Estremadura, é o presidente da Asociación Española de Terapia Narrativa (AETEN).

rebeca baston recorte

 

Rebeca Bastón é licenciada en psicoloxía e terapeuta familiar.
Ten o máster en Terapia Narrativa e Traballo Comunitario pola Universidade de Estremadura.

 

OBXECTIVOS DO SEMINARIO

  • Adquirir coñecementos sobre as prácticas narrativas aplicadas a diferentes contextos, entre eles o tratamento do trauma.
  • Comprender que as historias son unha parte central para a comprensión da forma de traballar desde a práctica narrativa.
  • Valorar a importancia da linguaxe como mediadora nos procesos interpretativos das historias de vida das persoas.
  • Reflexionar sobre a posición do/a terapeuta desde unha posición de colaboración e co-construción coa persoa que nos consulta.
  • Coñecer a importancia de aumentar a axenda persoal a través das prácticas narrativas.

 

DATOS DE INTERESE:

  • Lugar: Facultade de Psicoloxía no Campus Vida en Santiago de Compostela.
  • Horario: De 10:00 a 14:00 h e de 16:00 a 20:00 h.
  • Prezo: Asociados, alumnos-socios, estudantes universitarios/as e desempregados 30 €. Outros profesionais: 60 €.
  • Podes facer a inscrición enviándonos un correo electrónico a This email address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it.
  • Tríptico e ficha de inscrición en documento adxunto.

Certificaranse 8 horas de formación, válidas para a reacreditación do título de Terapeuta Familiar e dos diferentes niveis de docencia.

Attachments:
FileDescriptionFile size
Download this file (2019_04_27_triptico_GAL_(V1).pdf)2019_04_27_triptico_GAL_(V1).pdf 332 kB