Método Gottman de Terapia de Parella

A ATFM de Galicia organiza para o sábado 3 de decembro de 2016 a xornada Método Gottman de Terapia de Parella a cargo de Nuria Hervás Jávega, presidenta da Asociación Andaluza de Terapia Familiar e Supervisora Docente, obtivo a titulación de Terapeuta Familiar polo Ackerman Institute (Nueva York).

Gottman

Durante os anos 80 e 90 John Gottman, o matemático convertido en psicólogo, gravou en vídeo e estudou máis de 3.000 parellas no seu "Laboratorio do Amor", na Universidade de Washington. Realizou un seguimento destas parellas durante máis de dúas décadas para comprobar quen se divorciaba, quen establecía vidas paralelas e quen se mantiña xuntos (felices ou non).

Converteu estes datos en números e descubriu que podía predicir un divorcio cun 91% de acertos, con só observar a parella durante unha discusión de 5 minutos no seu Laboratorio do Amor.

Actualmente, no campo da terapia de parella, a maior parte do que sabemos do matrimonio e do divorcio, provén do traballo de Gottman. Nas súas investigacións, John e Julie Gottman, descubriron que todas as parellas discuten, e que mesmo as parellas máis felices, non resolverán nunca un 69% dos seus conflitos. A clave para a lonxevidade da relación non é se a parella pelexa ou non; senón como o fai. E despois como se reconcilian.

En 1994, Gottman e a súa esposa, Julie Schwartz Gottman, psicóloga clínica, crearon un método de terapia de parella baseada na evidencia. Desde entón publicaron máis de 40 traballos.

Viaxan por todo o mundo adestrando profesionais. Desenvolveron un taller de fin de semana para parellas, denominado: The Art and Science of Love, que se fixo inmensamente popular en USA.

  • Lugar: Facultade de Psicoloxía no Campus Vida en Santiago de Compostela.
  • Horario: Sábado de 10:00 a 14:00 h e de 16:00 a 20:00 h.

  • Prezo: Asociados, alumnos-socios, esudantes universitarios/as e desempregados 30 €. Resto: 60 €.

  • Descarga abaixo a ficha de inscrición.

Certificaranse 8 horas de formación, válidas para a reacreditación do título de Terapeuta Familiar e dos diferentes niveis de docencia.

 

PROGRAMA

  1. Principios do Método Gottman de Terapia de Parella.
  2. Laboratorio do Amor
  3. Que é disfuncional nas relacións: Mitos
  4. Que é disfuncional nas relacións: Verdades cientificamente probadas.
  5. Os 4 Xinetes da Apocalipse.
  6. Tipoloxía de Parellas.
  7. A Casa da Relación Sólida.
  8. Avaliación.
  9. Intervención.

 

 

Attachments:
FileDescriptionFile size
Download this file (2016-12-03_triptico.pdf)Triptico galegoTriptico galego2870 kB