Pirateo Neuro Lóxico: As botas de 7 leguas para unha psicoterapia eficaz

A ATFM de Galicia organiza para o venres 25 e o sábado 26 de setembro de 2015 o Seminario: "Pirateo Neuro Lóxico: As botas de 7 leguas para unha psicoterapia eficaz", que ten como obxectivo recuperar a esencia auténtica da Neuro Lingüística.

Os creadores da PNL, Bandler e Grinder, desenvolveron ideas revolucionarias que nos permiten acelerar os procesos terapéuticos se esas ideas se achan en boas mans. 

O psicólogo e psicoterapeuta Víctor Amat, docente en Neuro Lingüística con máis de dúas décadas de experiencia, será o encargado de impartir este interesante Seminario sobre PNL, onde poderás descubrir como mellorar a túa vida persoal e profesional.

  • Lugar: Facultade de Psicoloxía no Campus Vida en Santiago de Compostela.

  • Horario: Venres de 16:00 a 20:00 h e sábado de 10:00 a 14:00 h e de 16:00 a 20:00 h.

  • Prezo: Asociados, alumnos-socios, esudantes universitarios/as e desempregados 50 €. Resto: 90 €.

  • Descarga a ficha de inscrición desde aquí e o seu cartaz.

Certificaranse 12 horas de formación, válidas para a reacreditación do título de Terapeuta Familiar e dos diferentes niveis de docencia.

PROGRAMA

1. Que hai que ter na cabeza para que isto funcione? Epistemoloxía da PNL.
2. Como porras funcionamos? Creación e utilización do modelo subxectivo do mundo do interlocutor.
3. Quen leva o autobús? Neuroloxía e procesos de cambio.
4. Todo isto é para foder? A intención positiva como panca relacional.
5. Que cambie o outro! Resolución creativa de conflitos.
6. Turbo psicanálise: Modelo de Reimprinting para cambios de crenzas.