IX Congreso de la Asociación Europea de Terapia Familiar

Este ano celebrarase en Atenas o IX Congreso da Asociación Europea de Terapia Familiar (EFTA) do 28 de setembro ao 1 de outubro.

Despois de un ano de preparativos para a súa celebración en Ámsterdam, finalmente celebrarase na capital do país heleno, como explica a organización na web do Congreso. Baixo o título "Origins and Originality in Family Therapy and Systemic Practice" (Orixes e orixinalidade na práctica da Terapia Familiar Sistémica) os organizadores holandeses mostraron a súa simpatía pola filosofía aristotélica do Ethos, Logos, Techne e Polis, como quedou reflectido no seu logotipo.

2016 foi declarado pola UNESCO "O ano de Aristóteles" xa que se celebra o 2400 aniversario do seu nacemento e que mellor lugar para celebrar un congreso desta temática, que o seu país de orixe. Doutra banda, os gastos que supoñería a súa celebración en Holanda parecían ser excesivos para o peto dos asistentes, gran parte deles estudantes vindos de toda Europa.

A Asociación encargada da súa organización é ETHOS, a Asociación Grega de Terapia Familiar Sistémica a nivel nacional. Unha nova institución con menos de dez anos de historia, aínda que varias décadas de intenso intercambio científico entre os membros que a compoñen, que asume este reto con valentía e entusiasmo, da man de EFTA.

Como xa é tradición, a Federación Española de Asociaciones de Terapia Familiar participará no devandito Congreso.