A ATFM de Galicia organiza para o sábado 9 de maio a Xornada: "Do Amor, do Odio e doutras historias: Traballando con parellas e exparellas". Unha integración desde a Terapia Narrativae a Terapia Sistémica Breve.
O relator é o psicólogo e terapeuta familiar Chema Rodríguez de Castro, profesor asociado en Traballo Social na Universidade de Illes Balears.
- Lugar: Sala de Conferencias do Colexio La Salle en Santiago de Compostela. Praza de San Xoán Bautista de La Salle, 1
- Horario: De 10.00 a 14.00 h e de 16.00 a 20.00 h (acreditaranse 8 horas de formación)
- Prezo: Asociados, alumnos-socios, esudantes universitarios/as e desempregados 30 €. Resto: 60 €.
- Descarga a ficha de inscrición desde aquí
PROGRAMA
- A metáfora narrativa. O que contan as persoas sobre si mesmas e as súas relacións.
- Construíndo problemas e solucións. Conversacións para externalizar problemas e internalizar recursos en parellas.
- Ideas, estratexias e técnicas para traballar con parellas.
- Mediación terapéutica en exparellas en conflito?
- Sexualidade e terapia. Novas posibilidades.