A Asociación de Terapia Familiar e Mediación de Galicia organiza para o día 7 de febreiro de 2015 o Obradoiro "Intervención Psicolóxica en Emerxencias e Terapia Sistémica" que tratará sobre o traballo dos psicólogos e psicólogas especializados na atención psicolóxica en situacións de emerxencia e catástrofes.
A psicóloga e terapeuta familiar Ana Isabel Martínez Arranz é a Coordinadora do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE) do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia. Con ela, abordaremos os aspectos técnicos que servirán para situarnos no marco de actuación neste tipo de intervención e o papel que desempeñan os psicólogos nelas. Asemade, traballarase en grupo sobre casos reais e a exposición posterior servirá para clarificar as partes da intervención e as dúbidas xurdidas.
- Lugar: Local da ATFM en Picaraña - Padrón
- Horario: De 9:30 a 13:30 h (Acreditaranse 4 h de formación)
- Prezo: 10€ para socios/as, desempregados e estudantes universitarios. Non socios/as: 25€.
- Aforo limitado a 50 persoas que se cubrirá en rigurosa orde de inscrición.
- Descarga a ficha de inscrición desde aquí.
OBXECTIVOS
- Coñecer o marco e os principios de actuación que rexen a intervención psicolóxica en situacións críticas.
- Abordar o papel, as funcións e tarefas que ten o psicólogo/a neste ámbito de actuación.
- Adquirir habilidades básicas para a intervención nestas situacións.
- Reflexionar sobre as achegas da terapia familiar á intervención como psicólogos/as de emerxencias.
PROGRAMA
- Intervención psicolóxica en emerxencias: obxectivos, funcións, situacións de intervención, principios de actuación, papel do psicólogo/a, a visión desde a sistémica.
- Primeiros Auxilios Psicolóxicos.
- Resolución de casos prácticos.