Xornada sobre TDAH: Invención, moda ou realidade?

A Asociación de Terapia Familiar de Galicia organiza para o sábado 4 de outubro unha Xornada sobre o TDAH: Invención, moda ou realidade?

Entre todas as categorías recollidas nos manuais diagnósticos relativos á saúde mental, o TDAH atópase entre os que máis polémica xerou, encontrando discursos opostos no relativo á idoneidade do diagnóstico, na súa etioloxía e no seu tratamento. Desde os que consideran que é unha mera etiqueta que describe comportamentos normais na infancia, ata os que afirman que se trata dun trastorno do neurodesenvolvemento con consecuecias incapacitantes. Desde os que afirman que a medicación é, en moitos casos, imprescindible ata os que opinan que supón un tratamento de dubidosa efectividade. Desde os que opinan que o TDAH se está a sobrediagnosticar, ata os que pensan que está infratratado.

Desde a ATFM de Galicia consideramos que tendo presente este panorama, sería moi interesante aparcar/abandonar os nosos prexuízos e escoitar os argumentos de expertos con opinións encontradas para poder aproximarnos ao debate dun xeito crítico e reformular a nosa postura sobre o TDAH desde unha base sólida.

Para favorecer o debate contaremos coa presenza deMarino Pérez Álvarez, catedrático de Psicoloxía da Universidade de Oviedo e coautor de "Volviendo a la normalidad. La invención del TDAH y del trastorno bipolar infantil" e de José Luis Fernández Sastre, psiquiatra consultor de TDAH e terapeuta familiar. Dado que este tema xenera moita polémica, ao remate de ámbalas dúas conferencias, abrirase a mesa de debate entre os ponentes e o público asistente á Xornada que queira participar.

  • Destinatarios/as: Terapeutas familiares, psicólogos/as, psiquiatras, profesores/as, mestres, orientadores/as...
  • Lugar: Centro Cultural Afundación, Rúa do Vilar 19  -  Santiago de Compostela
  • Horario: De 10.00 a 14.00 h (acreditaranse 4 horas de formación)
  • Prezo: 20 € socios/as, estudantes universitarios/as e desempregados/as. Resto: 40 €.
  • Aforo limitado a 100 persoas que se cubrirá en rigurosa orde de inscrición.
  • Descarga a ficha de inscrición desde aquí.
PROGRAMA
  • "TDAH: Etiqueta clínica para problemas normais" por Marino Pérez Álvarez.
  • "Hai que medicar aos nómades para que se asenten nun territorio?" por José Luis Fernández Sastre.
  • Mesa de debate entre Marino Pérez, José Luis Fernández e o público asistente.