A Asociación de Terapia Familiar de Galicia organiza para os días 14 e 15 de xuño asXornadas formativas "Máis que milagres" co doutor Harry Korman, médico especializado en psiquiatría infantoxuvenil e que traballa en Mälmo (Suecia) dende o modelo de Terapia centrada en Soluciónscon familias, parellas, adultos e nenos.
-
Lugar: Facultade de Psicoloxía. Santiago de Compostela. Contaremos con traducción simultánea.
-
Horario: Venres e sábado de 10.00 a 14.00 h e de 16.00 a 20.00 h (acreditaranse 16 horas de formación)
-
Prezo: Socios/as, esudantes universitarios/as e desempregados 95 €. Resto: 160 €.
-
Descarga a ficha de inscrición dende aquí.
Durante estas xornadas, o doutor Korman abordará en profundidade, dunha forma práctica e activa, o traballo dende a Terapia Centrada en Solucións e a aplicación dos coñecementos adquiridos nas súas investigacións no traballo terapéutico.