Asemblea Xeral Ordinaria 2012

A Asemblea Xeral Ordinaria de socios/as terá lugar o vindeiro día 24 de novembro ás 20.00 h en primeira convocatoria e ás 20.30 horas en segunda convocatoria co seguinte orde do día:

  1. Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior.

  2. Informe do presidente.

  3. Presentación das contas do exercicio 2012 e aprobación, se procede, do orzamento da ATFM para 2013.

  4. Informe da secretaria.

  5. Propostas e suxestións

O lugar de celebración da Asemblea Xeral Ordinaria será na Casa das Asociacións (antiga estación de Cornes) na rúa Manuel Beiras 3 en Santiago de Compostela.