Asemblea Xeral de Socios/as 2011

A Asemblea Xeral Ordinaria de socios/as terá lugar o vindeiro día 26 de novembro ás 13.00 h en primeira convocatoria e ás 13.30 horas en segunda convocatoria coa seguinte orde do día:

  1. Lectura e aprobación, se procede, das actas anteriores.

  2. Estudo e aprobación, se procede, do orzamento da ATMF para o exercicio 2012.

  3. Informe sobre o Programa de Atención a Familias con Problemas cos seus Fillos.

  4. Información da Xunta Directiva da ATFM de Galicia.

  5. Presentación da web da ATFM.

  6. Propostas e suxestións

 O lugar de celebración da Asemblea será o Auditorio do Centro Social de Padrón, sito no Campo do Souto 2 (Padrón).