Acreditación de Docentes
A FEATF recoñece tres categorias docentes: Colaborador Docente, Docente e Supervisor Docente. A continuación se detallan os requisitos para acreditarse en cada categoría:
COLABORADOR DOCENTE
- Ser Terapeuta Familiar o Experto/a en Intervención Sistémica acreditado/a pola FEATF.
- Ter unha experiencia clínica ou de intervención familiar de alomenos catro anos.
- Ser aceptado/a como Colaborador/a Docente por un Centro Docente acreditado pola FEATF.
DOCENTE
- Impartir como Colaborador/a Docente, nun Centro Docente acreditado pola FEATF, un mínimo de 80 horas de docencia durante un periodo mínimo de catro anos.
SUPERVISOR DOCENTE
- Acreditar como Docente unha docencia mínima de dous anos nun centro acreditado pola FEATF.
- Participar directamente nos procesos de supervisión do alumnado durante alomenos 50 horas.
CENSO PASIVO DE DOCENTES
Aqueles terapeutas acreditados que, por diversos motivos, permañecen un tempo sen exercer a docencia, poderán pasar ao censo pasivo de docentes ata que, tras a súa reincorporación ás labores docentes, poidan solicitar a súa reacreditación como docentes activos.
REACREDITACIÓN
Aqueles terapeutas ou docentes que perderan a acreditación, ben por baixa na ATFM de Galicia, ben por deixar de cumprir os criterios necesarios para o seu nivel, poderán solicitar de novo a súa acreditación ao ano de encontrarse, efectivamente, cumprindo ditos criterios.