Os psicoterapeutas que figuran neste rexistro son aqueles que seguiron unha formación adecuada, avalada polas principais asociacións españolas de Psicoterapeutas e Saúde Mental:Federación Española de Asociacións de Psicoterapeutas (FEAP), a Asociación Española de Neuropsiquiatría (AEN) e a Federación Española de Asociacións de Terapia Familiar (FEATF), polo que supoñen unha garantía de ter unha preparación adecuada para o exercicio da Psicoterapia. 

Este rexistro está regulado a través de criterios públicos de acreditación de psicoterapeutas e de programas de formación co obxecto de asegurarse que programas e psicoterapeutas cumpren uns criterios mínimos, esixibles para exercer o seu traballo. Todo iso recolleuse no seu momento no Documento Marco de Consenso para a acreditación de Psicoterapeutas , o cal supuxo un paso moi importante no desenvolvemento de procedementos que garantan rigor e calidade na formación e no exercicio da psicoterapia como contribución a esta e ao servizo dos profesionais e da sociedade.

A FEATF compartiu publicamente un artigo de Roberto Pereira, publicado en Mosaico, titulado O envurullo da acreditación en Psicoterapia  onde se expoñía de forma minuciosa o contexto normativo no que nos atopamos neste momento, que levou ás principais entidades do sector á creación do RNP.

A través da páxina web do Rexistro Nacional de Psicoterapeutas pódense realizar procuras avanzadas ofrecendo distintos criterios de procura: xeográficos, de enfoque, de poboación á que se dedican, etc. Permitindo aos visitantes localizar a un psicoterapeuta acreditado e poñerse nas súas mans sabendo que conta con todos os avais.

Es Terapeuta Familiar e queres aparecer no Rexistro Nacional de Psicoterapeutas?

Hai un tempo contactamos con todos/as os/as socios/as da ATFM para informar do procedemento para seguir, xa que é moi importante dar o consentimento de acordo á Lei de Protección de datos. Se por algunha razón non asinaches a solicitude naquel entón, porque aínda non estabas acreditado/a, ou porque preferías esperar, podes facelo agora descargando o documento adxunto e facéndonolo chegar por correo electrónico. A ATFM  tramitará a túa solicitude coa secretaría da FEATF e serás incorporado/a ao RNP.

Descarga da Solicitude de incorporación ao RNP

Enlace ao Rexistro: http://www.registronacionaldepsicoterapeutas.es

Formación continuada

Seguindo o establecido pola FEATF para reacreditarse cómpre cumprir uns criterios mínimos deformación continuada que se detallan a continuación:

TERAPEUTA FAMILIAR

  • Un total de 40 horas de formación en contidos de Terapia Familiar en seminarios, encontros, xornadas e/ou congresos organizados pola ATFM de Galicia, outras Asociacións, a FEATF e/ou centros ou formadores de recoñecido prestixio.

  • En casos excepcionais, consideraráse a equivalencia doutras actividades de formación continuada como investigacións, publicacións e estancias de formación.

  • Mantemento da actividade profesional mediante declaración a tal efecto.

PROCEDEMENTO: Enviar un correo postal co Formulario de solicitude e copia da documentación requirida ao enderezo da ATFM de Galicia.

A reacreditación dos/as terapeutas de familia aprobarase na seguinte reunión da Comisión de Reacreditacións. Dita reacreditación terá unha duración de 5 anos.

FORMULARIO: En arquivo adxunto.

 

 

Attachments:
FileDescriptionFile size
Download this file (Formulario_2018_[02]_TERAPEUTA_FAMILIAR_(Re)_[Editable].pdf)Reacreditación TF 3354 kB

Acreditación Terapeuta Familiar

Estes son os criterios mínimos para a ACREDITACIÓN de Terapeutas de Familia e de Expertos en Intervención Sistémica seguindo os criterios da FEATF:

 TERAPEUTA FAMILIAR

  • Titulación relacionada coas Ciencias Sociais e da Saúde.

  • Ter cursado un programa de tres anos.

  • Ter como mínimo 600 horas de formación en terapia familiar teórico práctica e 150 horas de supervisión clínica nunha escola acreditada.

  • Un mínimo de 75 horas de Traballo Persoal.

PROCEDEMENTO: Enviar un correo electrónico co Formulario de solicitude de acreditación e a documentación escaneada requirida a: This email address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it.

A acreditación dos/as terapeutas de familia aprobarase na seguinte reunión da Comisión de Acreditacións. Dita acreditación terá unha validez de 5 anos. Unha vez recibida a certificación correspondente por correo postal poderase solicitar á FEATF o título de Terapeuta Familiar.

FORMULARIO: En arquivo adxunto.

 

EXPERTO/A EN INTERVENCIÓN SISTÉMICA

  • Titulación relacionada coas Ciencias Sociais e da Saúde.

  • Ter cursado un programa de dous anos

  • Ter como mínimo 400 teórico prácticas e 50 de supervisión clínica.

PROCEDEMENTO: Enviar un correo electrónico co Formulario de solicitude de acreditación e a documentación escaneada requirida ao enderezo a This email address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it.

FORMULARIO: Solicítao por correo a This email address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it.

 

Attachments:
FileDescriptionFile size
Download this file (Formulario_2017_[01]_TERAPEUTA_FAMILIAR_[editable].pdf)Solicitude acreditación TF 249 kB

Acreditación de Docentes

A FEATF recoñece tres categorias docentes: Colaborador Docente, Docente e Supervisor Docente. A continuación se detallan os requisitos para acreditarse en cada categoría:

 

COLABORADOR DOCENTE

  • Ser Terapeuta Familiar o Experto/a en Intervención Sistémica acreditado/a pola FEATF.
  • Ter unha experiencia clínica ou de intervención familiar de alomenos catro anos.
  • Ser aceptado/a como Colaborador/a Docente por un Centro Docente acreditado pola FEATF.

DOCENTE

  • Impartir como Colaborador/a Docente, nun Centro Docente acreditado pola FEATF, un mínimo de 80 horas de docencia durante un periodo mínimo de catro anos.

SUPERVISOR DOCENTE

  • Acreditar como Docente unha docencia mínima de dous anos nun centro acreditado pola FEATF.
  • Participar directamente nos procesos de supervisión do alumnado durante alomenos 50 horas.
PROCEDEMENTO: Enviar un correo electrónico co Formulario de solicitude e copia da documentación requirida á ATFM de Galicia.A reacreditación dos/as docentes aprobarase na reunión da Comisión de Reacreditacións. Dita reacreditación terá unha validez de cinco anos.
 
 

CENSO PASIVO DE DOCENTES

Aqueles terapeutas acreditados que, por diversos motivos, permañecen un tempo sen exercer a docencia, poderán pasar ao censo pasivo de docentes ata que, tras a súa reincorporación ás labores docentes, poidan solicitar a súa reacreditación como docentes activos.

 

REACREDITACIÓN

Aqueles terapeutas ou docentes que perderan a acreditación, ben por baixa na ATFM de Galicia, ben por deixar de cumprir os criterios necesarios para o seu nivel, poderán solicitar de novo a súa acreditación ao ano de encontrarse, efectivamente, cumprindo ditos criterios.